publicidade hoxe

A Deputación da Coruña achega 90.000 euros ao Concello de Miño para a mellora das rúas Taina, Pumariega e Robaleira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaMiño
A-
A+

O Presidente da Deputación, Diego Calvo, e oalcalde de Miño, Jesús Veiga Sabín, asinaron un convenio de colaboración para a financiación das obras de renovación das rúas Taina, Pumariega e Robaleira, nas que a institución provincial achegará 89.350,01 euros para as obras de pavimentación destas tres rúas de Miño.

O proxecto pretende mellorar o pavimento destas rúas, posto que en todas elas a capa de rodaxe encontrase moi deteriorada. A pavimentación das rúas Taina e Pumariega realizarase con aglomerado asfáltico, e no caso da rúa Robaleira, en Loios, o pavimento previsto é de formigón prepulido, así mesmo tamén se renovará nesta rúa a instalación de recollida de pluviais dado que é unha zona con habituais problemas de inundacións.

23 de xaneiro de 2015 | 11:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.