publicidade hoxe

A D.O. Ribeiro presenta a tipicidade e calidade dos seus viños en Enofusión Madrid

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorOurenseRibadavia
A-
A+

A Denominación de Orixe Ribeiro desprázase a Madrid para divulgar os seus viños a un público profesional e prescriptor, ao tempo que amplía mercados cunha misión comercial.

A cidade acolle Enofusión os días 2, 3 e 4 de febreiro e a Denominación de Orixe máis antiga de Galicia contará nesta cita cun posto de deseño que servirá como punto de dinamización da súa proposta na feira profesional. Ademais da información xeral da Denominación de Orixe, estarán representadas as adegas Alanís; Antonio Montero; Casal de Armán; Cunqueiro; Finca Viñoa; Val de Souto; Vilerma; Viña Costeira; Viña Reboreda.

O martes 3 de febreiro chegará o taller “Armonías de Ribeiro Blanco”, no marco das actividades do Centro do Viño de Enofusión 2015. Unha oportunidade para catar catro brancos elaborados con variedades autóctonas da D.O. Ribeiro (treixadura, albariño, godello, loureira, lado…) procedentes das anadas 2010, 2012 e 2013. E gozaranse acompañados de diferentes bocados elaborados con sushis escollidos para cada tipo de viño: maki, California roll, tataki…

As adegas presentes reuniranse con distribuidores e outros profesionais do sector, que traballan en Madrid ou se desprazan alí con motivo de Enofusión. Estas reunións son froito da misión comercial que auspicía o Consello Regulador dende hai algunhas semanas e que pode servir como elemento incrementador das vendas dos seus viños fóra de Galicia.

30 de xaneiro de 2015 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.