publicidade hoxe

A D.O. Monterrei incrementa a súa cota de exportación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorMonterreiOurense
A-
A+

Os datos da última campaña 2013-2014, mostran un notable incremento das cotas de exportación das adegas da Denominación de Orixe Monterrei, que actualmente supoñen o 17,1% do viño comercializado baixo este selo de garantía.

O mercado de exportación incrementa o seu valor económico así como o seu peso porcentual nas cifras absolutas das vendas das adegas de Monterrei. Cun total de 253.222 botellas destinadas a exportación, imponse a Unión Europea co 76% desta cota, sendo o principal mercado Reino Unido co 48,5% do volume total de viño comercializado fóra de España pola D.O.

A unha distancia razoable de Reino Unido, con aproximadamente o 20% da cota de exportación, encóntrase Alemaña. Fóra da Unión Europea, EUA e Xapón representan os principais mercados, con volumes que ascenden respectivamente ao 12,6% e 4,05% do viño destinado a comercio exterior.

Un total de 22 países figuran entre os mercados do Viño de Monterrei, gañando ano tras ano peso relativo nas vendas da Denominación de Orixe.

30 de xaneiro de 2015 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.