publicidade hoxe

A Casilla do Puntal incorpora clases de ximnasia saudable ás actividades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O concelleiro de Deportes, José Manuel Gradaílle, informou de que, dende esta mesma tarde, a antiga Casilla de Legoeiros albergará unha nova actividade. Neste caso, deportiva. O inmoble, recuperado o pasado ano polo Concello e cedido o seu uso hai uns meses ao CCRD do Puntal, acollerá de forma estable clases de ximnasia saudable, abertas a veciños e veciñas da parroquia. Comezará con dous grupos integrados por unhas dez persoas e as sesións celebraránse luns e mércores de 20,30 a 21,30 horas e martes e xoves de 19 a 20 horas. No seu día, a directiva da entidade veciñal solicitou ao Concello a posibilidade de que en certa medida se descentralizase a actividade das Escolas Municipais Deportivas, brindando así a oportunidade de que a Casilla celebrase algunha actividade. Unha petición que o Concello aceptou e que comeza agora.

7 de xaneiro de 2015 | 11:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.