publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A cantante María do Ceo rende homenaxe a Riós e ao actor Abelardo Gabriel no seu novo disco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseOurensePortada dereitaRiós
A-
A+

María do Ceo comezou 2015 con novo libro-disco baixo o brazo. Tras a presentación no Salón Nobre do Liceo de Ourense o pasado venres 9, presenta un traballo cun título moi significativo: “Soños cumpridos”. Inclúe 14 temas interpretados pola fadista e 35 páxinas cheas de agradecemento e tributo a Galicia e as súas virtudes como a literatura, a gastronomía, as súas xentes e a súa natureza. Entre esas catorce cancións do novo libro-disco, a cantante lusa inclúe un tema dedicado a un festival que se organiza nunha aldea do sueste de Galicia de apenas douscentos veciños: o Festival das Artes Escénicas de Riós.

Dirixido polo actor oriúndo da vila, Rubén Riós e creado xunto con quen foi o seu pai na ficción, Abelardo Gabriel, este festival naceu en 2007 co afán de dinamizar a cultura nas zonas rurais. O evento que xa leva sete edicións, contou coa presenza de numerosas figuras do mundo da música como Los Suaves, Rosa Cedrón, Lys Pardo, do cine e a televisión como Javier Gutiérrez, Carlos Sobera, Luis Tosar ou Luis Iglesia e do humor como Carlos Blanco ou Roberto Vilar. En 2010, Abelardo Gabriel faleceu a causa dunha longa enfermidade e a raíz da súa desaparición creouse o Premio “Castaña de Cristal” en honor ao artista que foi pioneiro na creación do evento. Nesa mesma edición do evento, María do Ceo actuou neste festival presentando unha sentida canción que rendía homenaxe ao Festival, a Rubén Riós e a Abelardo Gabriel baixo o título “Cinema Riós”. Tras recibir o merecido recoñecemento en 2011 coa entrega da “Castaña de Cristal” e converterse en himno oficial do certame, a fadista presenta esta canción, cinco anos despois de que se vise nacer.

23 de xaneiro de 2015 | 11:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.