publicidade hoxe

A Asociación Xuvenil Taíña prepara unha nova edición do seu festival para o 14 de febreiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

A Asociación Xuvenil Taíña, de Goián, organiza a 12ª edición do festival do mesmo nome, que terá lugar o próximo 14 de febreiro, na praza da vila.

Aínda que falta un mes para a cita, cada vez máis consolidada, xa está confirmada a presenza do grupo suízo de música reggae “Elijah”. Tamén estará (por 2ª vez) “Collón de Lola”, unha banda que fai versións das cancións do programa televisivo Xabarín Club, e con toda probabilidade, o conxunto de música Ska “Maskarpone”, de Ourense, completará o cartel deste entrañable festival, que se fai coincidir coas tradicionais festas de Entroido. A presentación desta 12ª edición do Festival Taíña terá lugar o día 30 de xaneiro no Centro Goianés.

Outra novidade é a edición dun disco con 18 temas de grupos amigos da asociación, como os arxentinos “Vendedora de aves Pantalón” e “Fillos do Vinilo”; os brasileros “Reggae A Semente” e “Nova Raíz”, e outros procedentes de Chile, Suíza, Barcelona, Madrid, Málaga, Galicia, etc.

26 de xaneiro de 2015 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.