Xove entrega as becas e axudas ao estudo do presente curso
Hoxe, ás 17:00 hs, tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Xove a cargo do alcalde, Demetrio Salgueiro e da concelleira de servizos sociais, Ana Abad, a entrega das becas e axudas ao estudo que o Concello convoca cada curso escolar.
Nesta ocasión concedéronse as seguintes axudas:
-17 axudas para estudos universitarios, cuxa contía ascendeu a 23.388,43 €.
-3 axudas para ciclos formativos de especialidades que non existen na comarca cunha cantidade de 1.172,24 €.
-9 axudas para alumnos con discapacidade cun total de 6.750 €.
-35 axudas para compra de material escolar, cuxa contía ascendeu a 4.500 €.
-2 para máster, que suman un total de 1.000 €.
En total o Concello invisteu para o presente curso nestas becas e axudas a cantidade total de 36.810,67 €. A cantidade investida o pasado curso 2013-2014 foi de 30.423,18 €., polo cal temos un incremento de máis de 6.000 €uros para o actual exercicio.