publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xan das Congostras preséntase en Vilar de Santos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilar de Santos
A-
A+

Maña domingo, 14 de decembro, ás 12:30 horas, o grupo KÉRKENNAI presenta, no Museo da Limia de Vilar de Santos, o vídeo “Xan das Congostras” sobre o derradeiro bandoleiro “romántico” da Baixa Limia, que a pesar do paso do tempo, mantén a vixencia e a vontade de querer cambialas cousas.

KÉRKENNAI naceu no ano 2000 para “canalizar as inquedanzas musicais e tentar de impulsar a actividade cultural na Baixa Limia”. Antes deste traballo xa publicaron outros: “Vía Nova” e “Nas beiras do Lethes” e en xuño do 2013, presentara o seu disco “Un soño cotián de bolboretas”, tamén no Museo da Limia.

Coa presentación do video de KÉRKENNAI seguea colaboración do Centro de Cultura popular do Limia e o Museo da Limia. Esta colaboración vén sendo habitual, no ámbito da creación, da promoción e da divulgación da Cultura Galega dende as terras do Limia.

Paralelamente, esta presentación do grupo KÉRKENNAI, coincide coa celebración da Feira mensual de decembro de Vilar de Santos, un acontecemento que conta cada vez con mais afluencia de xente, e que confirma o éxito e consolidación da iniciativa do concello.

Na Feira, ademais do polbo e carne, contaremos cunha boa mostra de produtos de elaboración artesanal, ecolóxicos e de calidade do propio concello e do resto de concellos da Reserva da Biosfera, como os queixos, marmeladas, castañas, licores, xabóns naturais, flores, pan e empanadas, cogomelos, ademais dos habituais postos de venta ambulante de roupa e calzado, cacharros, ferreiros nun espazo de compra e venta directa de proximidade de produtos que se elaboran no concello ou zonas limítrofes coa sua posta en valor.

A Feira situase na praza do concello e arredores durante toda a mañá do domingo.

13 de decembro de 2014 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.