publicidade hoxe

Vilanova de Arousa disporá de 35.000 euros para a urbanización da rúa Max Estrella

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraVilanova de Arousa
A-
A+

A Deputación de Pontevedra investirá 34.369,01 euros na urbanización da rúa Max Estrella, no concello de Vilanova de Arousa. O organismo provincial concedeu para este fin unha subvención pola citada cantidade a este concello, ó que lle corresponde a tramitación e a execución dos traballos.

As obras permitirán rematar esta vía de conexión entre o camiño das Searas e a avenida de Cuxhaven.

Os traballos consistirán na pavimentación da rúa, que disporá de beirarrúas cun ancho de dous metros en ambas as marxes e dous carrís de circulación de 3 metros cada un.

Ademais, procederase á instalación dos servizos de abastecemento e saneamento de auga e tamén ás canalizacións de enerxía eléctrica de media e baixa tensión, de alumeado público e da rede de telecomunicacións.

9 de decembro de 2014 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.