publicidade hoxe

Uns 60 veciños de Frades encheron o multiúsos para participar no espectáculo “Brinca vai de aquí a acolá”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Espectáculo "Brinca vai de aquí a acolá"

Espectáculo “Brinca vai de aquí a acolá”

Un total de sesenta veciños e veciñas de Frades, trinta deles nenos e nenas, participaron esta fin de semana no espectáculo “Brinca vai, de aquí a acolá”, un concerto-obradoiro organizado polo Concello de Frades e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, dentro do programa FalaRedes. O acto estivo presidido polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez.

Os pequenos de Frades disfrutaron cantando, bailando e brincando da man do actor e músico Paco Nogueiras no que foi unha auténtica festa da nosa lingua. Previamente á actuación, o Concello de Frades e a ANPA do CPI de Ponte Carreira organizaron unha chocolatada no multiúsos na que todos os asistentes puideron degustar un chocolate con churros totalmente de balde

1 de decembro de 2014 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.