publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha persoa ferida nun accidente de tráfico na Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaPortada dereitaSucesosVilalba
A-
A+
Europa Press

Unha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico con tres coches implicados ocorrido no túnel da Praza de Pontevedra na Coruña e outra noutro sinistro en Vilalba (Lugo).

O primeiro dos sinistros tivo lugar sobre as 9,18 horas deste luns no túnel da Praza de Pontevedra sentido Paseo Marítimo da Coruña, segundo os datos facilitados polo 112.

Foron mobilizados a Policía Local, Protección Civil e o 061, que desprazou unha ambulancia asistencial que levou a unha persoa ferida ao Hospital Quirón, segundo indicaron fontes sanitarias.

Mentres, sobre as 9,30 horas sucedeu outro sinistro na estrada de Ferrol, no lugar de Mourence, no municipio de Vilalba, que se saldou cunha persoa ferida levada en ambulancia asistencial a un centro sanitario.

15 de decembro de 2014 | 10:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.