publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un home de 78 anos falece nun accidente de tráfico en Pantón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPantónPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home de 78 anos de idade faleceu este xoves nun accidente de tráfico, no que tamén resultou ferida unha muller de 54 anos.

Diso informou o 061, que precisou que o home faleceu no punto, “a pesar dos esforzos do equipo sanitario” que se desprazou ao lugar, e que a muller foi trasladada ao Hospital de Monforte (Lugo).

En concreto, o accidente tivo lugar pasadas as 16,00 horas na localidade lucense de Pantón. Até alí enviou o 112 unha ambulancia asistencial, o helicóptero e persoal sanitario da PAC de Monforte.

11 de decembro de 2014 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.