Un grupo de nenos de Touro participa nun ciclo de cine sobre valores de educación ambiental
Un grupo de nenos e nenas de Touro participa nun ciclo de cine organizado polo Concello de Touro que pretende destacar os valores de educación ambiental. O ciclo comezou a finais de novembro e desenvolverase durante os xoves do mes de decembro. Trátase, segundo explican no Concello de Touro, de pór en valor valores como o coidado da nosa contorna, o desenvolvemento sustentable e a educación para a paz e o consumo sustentable. Está destinado ao público familiar.