publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un ferido nunha colisión múltiple á altura de Outeiro de Rei en Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOuteiro de ReiPortada dereitaRábadeSucesos
A-
A+

Unha persoa resultou ferida nunha colisión múltiple con tres vehículos implicados á altura do concello de Outeiro de Rei, segundo os datos de Emerxencias 112.

   En concreto, o accidente rexistrouse sobre as 22.18 horas da noite do sábado, na N-VIN, concretamente no punto que conecta Rábade a Lugo.

   Tras a alerta dun particular, o CAE 112 Galicia informou a efectivos de Urxencias Médicas e da Garda Civil de Lugo. Finalmente, o ferido foi trasladado ao centro hospitalario de Lugo.

13 de decembro de 2014 | 11:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.