Touro recupera os vellos oficios cun curso de cestería
O Concello de Touro impulsa un ano máis durante este curso o obradoiro de manualidades de cestería, unha iniciativa cultural que trata de recuperar os vellos oficios. O curso pretende xuntar aos veciños e veciñas interesados nas manualidades tradicionais coma a cestería e aos habitantes de Touro interesados en trasmitir os seus coñecementos. Esta actividade, que ten lugar unha vez por semana na Aula de Usos Múltiples durante os meses de novembro e decembro, rematará cunha exposición dos traballos feitos no inicio do ano.