publicidade hoxe

Tomiño disporá dunha achega de 150.000 euros para sanear diversos núcleos de poboación no Seixo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraTomiño
A-
A+

No marco do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais, a Deputación concedeulle, na súa Xunta de Goberno do pasado venres, unha achega de 150.000 euros ó Concello de Tomiño para a extensión da súa rede de saneamento.

As obras que se financiarán con esta achega afectarán ós núcleos de Pazos, Camiño Novo, Rexidouro e A Val,situados ó norte do Seixo.

A actuación contempla a implantación dunha rede de colectores, cos correspondentes pozos de rexistro e elementos necesarios, para canalizar as augas residuais desde as vivendas ata un colector situado na estrada da Val.

En total instalaranse 1.100 m de colectores, seguindo a estrada que une Camiño Novo con Rexidouro ata enlazar cunha segunda fase de saneamento prevista para completar a rede nesta área.

23 de decembro de 2014 | 17:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.