Teatro en Xove a cargo da fundación Eu Son de Burela/centro de discapacitados intelectuais
O programa de Nadal do Concello tivo onte, domingo 21 de decembro, unha cita moi especial. Tivemos a fortuna de recibir ao grupo de teatro da FUNDACIÓN EU SON de Burela, integrado nesta ocasión por 13 persoas, que puxeron en escea a obra “Un día do revés”, escrita por Alba a Directora do grupo.
Os cáseque 100 espectadores que asistimos á obra no Salón de Actos do Centro Cívico disfrutamos, ao longo duns 45 minutos, desta divertidísima comedia.