publicidade hoxe

Talleres de manualidades en Cerdedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+
Taller de manualidades en Cerdedo

Taller de manualidades en Cerdedo

O Concello de Cerdedo realizou no día de onte e hoxe os talleres de manualidades do Nadal. Esta actividade de ocio e educativa, foi implementar co persoal do propio Concello a través da oficina de información xuvenil. Foron ao redor de 25 os nenos que participaron nestes talleres en horario de 11 a 13 horas. O próximo 29 de decembro realizarase un novo taller de manualidades no Centro Cultural de Cerdedo. Estas actividades están a ser totalmente gratuítas para os nenos empadroados no municipio e teñen un custo de 6 € para os non empadroados, querendo premiar así o goberno local aos habitantes de Cerdedo.

Esta será unha das máximas prioridades do equipo de goberno para os próximos anos, xa que está a descender de forma importante o número de empadroados e isto vería repercutidos os servizos que dende a administración local lle prestamos aos cidadáns, de aí que todos os veciños deberían tomar parte no asunto e que poidan empadroar moita xente que de forma habitual ten a súa residencia en Cerdedo e utiliza os servizos municipais: iluminación, recollida lixos, recollida voluminosos, etc…

23 de decembro de 2014 | 11:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.