publicidade hoxe

Soutomaior acende o Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

O Concello de Soutomaior acendeu este fin de semana a súa iluminación do Nadal nas principais avenidas do centro urbano co fin de contribuír, como é tradición, ao adorno festivo nestas datas tan sinaladas. O punto neurálxico da iluminación do Nadal está na alameda Talo Río de Arcade, lugar no que loce a gran árbore de nadal de 10 metros de altura por 3,5 metros de ancho.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, comentou que “ademais de embelecer as nosas rúas, a iluminación propia do tempo de Nadal reforza a actividade comercial no centro urbano e anima a todos os veciños a comprar no pequeno comercio local”. Consciente das dificultades que atravesa o sector comercial, a iluminación do Nadal deste ano, así como o consumo eléctrico da mesma, está financiada completamente polo Concello de Soutomaior.

A iluminación permanecerá acendida até o próximo 5 de xaneiro desde as 18:00 até as 00:00 horas, salvo os días de Noiteboa, Nadal e Fin de ano que o fará até as 03:00 da madrugada.

Así, este ano as rúas e prazas de Soutomaior locen cunha iluminación elegante baseado en composicións tradicionais do Nadal en cor azul e vermello composto de lámpadas led de baixo consumo, aumentando así a eficiencia enerxética da decoración.

8 de decembro de 2014 | 20:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.