Sober traslada as súas condolencias pola morte da centenaria Francisca González
O Goberno local do Concello de Sober traslada no seu nome, no de toda a Corporación e na de todos os veciños e veciñas as súas condolencias pola morte da centenaria Francisca González Pérez.
A anciá perdeu onte ao seu fillo Julio Mazorra González, de 75 anos de idade, por quen tamén o Goberno local traslada o pésame. O enterro deste foi hoxe en Canabal, mentres que o de ‘Panchita’, como era coñecida Francisca, será mañá ás catro da tarde en Vilaoscura.
Panchita está a ser velada no Tanatorio Rivas de Sober.