publicidade hoxe

Sober investirá 150.000 euros na rexeneración de camiños de todo o concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local de Sober aprobou a semana pasada os Orzamentos para 2015 nos que os investimentos reais experimentan un aumento moi significativo en relación aos de 2012 (132.000 euros) e 2013 (179.000 euros) ao manterse nas cifras de 2014, cun importe de 388.702 euros. A partida máis relevante son os 150.000 euros para o Plan Marco de Mellora de camiños rurais que contempla a rexeneración de camiños en todo o Concello.

En concreto, o Goberno local destina 64.000 euros para o acondicionamento da Rúa da Estación en Canabal e as Prazas de Doade e o Campo de Pinol, obras todas elas incluídas nas actuacións previstas polo ARI.

O rexedor, Luis Fernández Guitián, avanza unha achega municipal de 10.000 euros para o obradoiro de emprego compartido con Pantón e O Saviñao. A maiores, 30.000 euros destinaranse a obras de saneamento, 10.000 euros a melloras de alumeados públicos, 25.000 euros a melloras de accesos a viñedos e 16.000 euros para mantemento de camiños municipais.

Ademais, para 2015 o Goberno local contempla a adquisición de terreo e construción dunha área de autocaravanas cunha achega municipal de 24.000 euros. O alcalde explica que as inversións poderán verse incrementadas con posibles axudas doutras administracións.

Listado de camiños que o Goberno local ten previsto arranxar con cargo ao Plan Marco de Camiños Rurais:

Rexeneración de accesos a Vilabalde (Figueiroá),

Rexeneración da estrada de A Carqueixa a Matamá e Ferroños,

Aglomerado de accesos a Francos de Doade,

Rexeneración de accesos en O Pacio, A Travesa, As Pozas e Santa Leocadia en Amandi.

Rexeneración de acceos en As Quintas (Liñarán),

Mellora da estrada que conduce de O Cadabal a Mourentán,

Rexeneración de accesos a Os Hortos e A Somoza (Santiorxo),

Apertura e acondicionamento de camiños entre Veliños e Casa do Monte (Santiorxo),

Reparación de Muro de contención e accesos O Castro de Gundivós,

Rexeneración da estrada de Os Guntíns-A Vacariza (Neiras),

Rexeneración da estrada de O Roxo- A Vacariza (Neiras),

Rexeneración de accesos en Vilamide de Arriba (Lobios),

Rexeneración de accesos a Liñares (Figueiroá),

Rexeneración do camiño de O Soutelo a Os Ferreiros (Proendos),

Rexeneración de accesos e rúas de Telleiros,

Aglomerado do camiño de A Mamuela-Igrexa de Doade

Aglomerado dos accesos en O Rivas (Arroxo),

Apertura e pavimentación de camiño de San Martiño a Pena da Osa e

Rexeneración de Camiño de Froxán a Mer.

4 de decembro de 2014 | 13:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.