publicidade hoxe

Sober finaliza as obras de reforma e urbanización da contorna da casa consistorial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+
Reforma da contorna da Casa Consistorial de Sober

Reforma da contorna da Casa Consistorial de Sober

O Goberno local do Concello de Sober vén de rematar as obras de reforma e urbanización da contorna da Casa Consistorial e da Casa da Cultura. O equipo de goberno considera que se trata dunha obra “moi necesaria” atendendo ao mal estado no que se atopaban as inmediacións de ambos os edificios públicos que aglutinan a maior parte dos servizos municipais, entre os que está o propio Concello, a Biblioteca, o Xulgado, ou Escola de Música, entre outros.

As obras foron acometidas na súa totalidade pola empresa local Construcciones Gilberto. O orzamento para levalas a cabo foi de 50.000 euros, que asumiu ao 80% a Consellería de Presidencia da Xunta. A parte restante, correspóndelle pagala ao Concello de Sober.

O proxecto tivo como obxectivo a creación dun espazo e un ambiente peonil que favoreza os movementos cotiás entre as distintas dotacións que forman o conxunto (Concello, Centro Sociocultural, Biblioteca, Rexistro Civil, etc). A obra comprendeu un espazo de 547 metros cadrados. Entre as actuacións que se levaron a cabo estivo o cambio do pavimento por adoquín cerámico.

8 de decembro de 2014 | 10:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.