publicidade hoxe

Sober amplía a ruta de sendeirismo que discorre entre Rosende e Anllo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+
Acondicionamento da ruta

Acondicionamento da ruta

O Goberno local do Concello de Sober vén de iniciar as obras de mellora da ruta de sendeirismo PR-G 86 que a partir de agora contará cunha variante polos Muíños do Xabrega. A actuación, que conta cun orzamento de 22.000 euros, é posible grazas a unha subvención da Rede Natura.

Ao mesmo tempo, o Goberno local está a levar a cabo traballos de mantemento da ruta de sendeirismo que discorre polas ribeiras do Cabe e o Sil entre Rosende e Anllo e que foi homologada en 2004 e que baixo o nome de ‘Sendeiro dos viñedos da Ribeira Sacra’ é recomendada por Turgalicia.

Ruta circular

Os traballos que se veñen de iniciar farán que a ruta se amplíe no seu tramo final cun percorrido polos Muíños do Xabrega e o Canón do Sil a través dunha ruta circular desde O Arroxo. Está previsto que a nova variante será homologada pola Federación Galega de Sendeirismo

A actuación inclúe a limpeza da ruta na súa totalidade, a renovación da sinalización, o arranxo dun muro de contención, así como o acondicionamento de dúas fontes en O Arroxo. Tamén se colocarán novos paneis divulgativos e unha mesa informativa. Ademais, na zona de Os Chancís instalaranse cubre contedores.

16 de decembro de 2014 | 12:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.