publicidade hoxe

Seleccionados os 10 xardíns que formarán parte do VI Festival Internacional de Xardíns de Allariz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllariz
A-
A+
Selección de xardíns

Selección de xardíns

Esta mañá foron seleccionadas os 10 xardíns que formarán parte da sexta edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz adicado á Música.

O xurado, presidido polo prestixioso paisaxista portugués, Francisco Caldeira Cabral, e composto por Francisco García, Alcalde de Allariz, Bernardo Varela, Concelleiro de Medio Ambiente, Tino Feijóo, aparellador municipal e os paisaxitas Elsa Severino e José Crespí, tamén membro da Asociación Española de Paisaxistas, elixiu 10 propostas das 43 presentadas mais dúas suplentes. O recinto formado por 12 xardíns será ocupado ademais polo gañador da pasada edición “IN-HOUSE” do coreano Takyung Kim e a proposta didáctica que elaborará o Colexio Padre Feijóo de Allariz “.

As propostas seleccionadas seguiron criterios obxectivos, segundo explicaba o presidente do xurado Caldeira Cabral “harmonía entre criterios estéticos e técnicos, creatividade e innovación e tamén a forma práctica de executar os xardíns”. Foi Cabral o encargado de desvelar os xardíns que formarán parte do VI FIXA. (ver en arquivo adxunto)

O Alcalde pola súa parte agradecía o traballo e esforzo que realizaron todas as persoas que presentaron a súa proposta destacando a calidade dos proxectos e a participación de paisaxistas internacionais. Esto é “un motivo de satisfacción que o calificativo de internacional é unha realidade e non so un desexo.”

Ata mediados de xaneiro os autores seleccionados deberán entregar o proxecto técnico, mentres a brigada municipal encargarase da desmontaxe dos xardíns actuais para que no vindeiro ano estea todo listo para comezar coa execución dos novos proxectos. O Alcalde adiantaba que a data de inauguración do VI F.I.X.A. “será, se non hai impedimentos e dificultades, o 17 de maio.”

TEMA VII EDICIÓN

O xurado decidiu que a sétima edición do Festival de Xardíns de Allariz levará por título “Os xardíns do futuro”. Ata o 15 de novembro de 2015 estará aberto o prazo para presentar as novas candidaturas para o ano 2016.

16 de decembro de 2014 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.