publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Rescatan a tres tripulantes dun pesqueiro semifundido na Ría de Muros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMurosPortada dereitaSucesos
A-
A+

Un pesqueiro rescatou na mañá deste venres os tres tripulantes doutra embarcación que se afundiu en parte na ría coruñesa de Muros, preto da localidade de Esteiro.

Segundo a información facilitada por Salvamento Marítimo, ás 8,17 horas recibiuse o aviso do pesqueiro ‘Canizo Veiga’ de que recollera os tres tripulantes do pesqueiro ‘Camarón’ na Ría de Muros.

Os tres tripulantes foron trasladados ao porto da localidade coruñesa de Portosín. As mesmas fontes indicaron que tiña frío e estaban afectados pola situación, pero en “aparente bo estado de saúde”.

Salvamento enviou á zona a embarcación ‘Salvamar Regulus’, que comprobou que o pesqueiro ‘Camarón’, de nove metros de eslora, está “semihundido” nunha zona de pedras.

12 de decembro de 2014 | 11:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.