publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Recuperan o cadáver dun pescador de Ortigueira que caeu ao mar na praia de Mazorgán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrtigueiraPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Salvamento Marítimo recuperou este mércores o cadáver dun pescador de Ortigueira (A Coruña) que caeu ao mar na praia de Mazorgán.

Fontes deste organismo explicaron que foi un particular o que deu a alerta, sobre as 17,25 horas, ao divisar a un home na auga á boia, a uns 50 metros da beira.

Até o lugar mobilizáronse o helicóptero ‘Pesca 2′ e a embarcación ‘Salvamar Shaula’, que foi a que recuperou o corpo sen vida do pescador.

Desde alí foi levado a Cariño, onde os efectivos de Urxencias Médicas só puideron certificar o falecemento do home, de cuxo corpo se fixo cargo a Garda Civil.

10 de decembro de 2014 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.