publicidade hoxe

Recepción en Vimianzo aos campións de España de Rallies de Terra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVimianzo
A-
A+

Os campións de España de Rallies de Terra, Amador Vidal e Francis Lema, serán recibidos mañá sábado no Salón de Plenos do Concello de Vimianzo

O acto dará comezo ás 12.30 horas coa entrada na praza dos pilotos vimianceses onde realizarán unha exhibición ante os presentes antes da recepción oficial na Sala de Sesións. Unha vez rematada a exhibición o coche quedará aberto na praza para que aquelas persoas que o desexen se fotografíen dentro del. Ademais os pilotos teñen pensada algunha outra sorpresa para o acto.

5 de decembro de 2014 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.