publicidade hoxe

Programación de Nadal en Allariz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllariz
A-
A+

O Concello de Allariz oferta, en Nadal, unha programación chea de actividades, entre o 14 de decembro e o 5 de xaneiro, apta para todos os públicos.

Concertos musicais, monólogos humorísticos, acitividades para nenos e nenas e a Cabalgata de Reis son algunhas das actividades que enchen a programación de Nadal en Allariz. Inclúese a oferta lúdica para os máis cativos como o Nadal Parc, que comezará o vindeiro 26 de decembro. Unha iniciativa ubicada no pavillón do IES que acolle xogos, inchables e un espazo para as novas tecnoloxías. Ademais, como segundo ano, a Policía Local de Allariz organiza un ciercuito de seguridade vial para que os nenos coñezan as normas viais cando van en bicicleta.

Os máis deportistas poderán participar na carreira popular A Derradeira Solidaria “1 dorsal por 1 kg de comida”.

Casa da Mocidade

A Casa da Mocidade amplía o seu horario entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro para dar servizo nas vacacións dos mozos e mozas que poderán desfrutar de xogos e torneos.

Piscina Municipal

Este ano, como novidade, o NadalParc desdóbrase, os días 3 e 4 de decembro, ata a piscina municipal. Os nenos e nenas menores de 12 anos terán a posibilidade de xogar con inchables acuáticos.

4 de decembro de 2014 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.