publicidade hoxe

Portos de Galicia finaliza a primeira fase da reparación do dique de abrigo do peirao de Camelle

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCamariñas
A-
A+
O presidente de Portos de Galicia en Camariñas

O presidente de Portos de Galicia en Camariñas

Portos de Galicia vén de rematar a primeira fase das obras de reparación do dique de abrigo do peirao de Camelle, no municipio coruñés de Camariñas. Así o comunicou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita á zona na que se solventarán os danos provocados polos temporais do pasado inverno.

En concreto, ata o momento rematouse a fase de fabricación dos bloques de formigón cos que se reforzará o manto do dique nas zonas afectadas pola acción dos temporais. Deste xeito, os bloques están listos para a súa colocación por parte dunha grúa no momento en que as condicións de axitación do mar o permitan, dado que esta acción só pode ejecutarse co mar en calma por razóns de seguridade.

As obras, que deron comezo a finais do mes de outubro, consisten fundamentalmente no reforzo do manto principal. Para elo, colocaranse novos bloques de formigón de 55 toneladas na segunda e terceira aliñación do dique, e de 80 toneladas na zona do morro. A defensa interior de protección da terceira aliñación reforzarase con bloques de 20 toneladas e reparase o pavimento do inicio do dique ademáis de repoñer as varandas.

Esta actuación enmárcase dentro das obras de maior envergadura para a reparación dos danos ocasionados polos temporais do pasado inverno. Coa súa execución, Portos de Galicia avanza no seu compromiso de devolver aos peiraos afectados a plena operatividade e seguridade antes da chegada do próximo inverno, de xeito que contribúa á manter as condicións de traballo axeitadas para os usuarios das zonas portuarias.

15 de decembro de 2014 | 16:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.