publicidade hoxe

Pasará a disposición xudicial este venres o acusado de orixe galega do dobre homicidio de Abadiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCualedroGalicia exteriorSucesos
A-
A+
Europa Press

O acusado de orixe galega do dobre crime da localidade biscaíña de Abadiño, o da súa esposa e a súa sogra, pasará a disposición xudicial este venres baixo a acusación de homicidio.

Polo momento, o detido, o ourensano Benito Quintairos, permanece en dependencias da Ertzaintza en Durango, ás que foi conducido, pouco antes das oito da tarde do mércores, para prestar declaración, segundo informaron fontes do Departamento vasco de Seguridade.

Os indicios recollidos na carpintaría, así como outros datos da investigación recompilados pola Policía vasca, avalaron a detención de Quintairos baixo a acusación de homicidio.

Outras fontes da investigación consultadas aseguran que o arrestado confesou, durante a súa declaración, a autoría de ambos os dous crimes. Está tamén previsto que, ao longo da mañá, se coñeza o resultado da autopsia practicada á esposa do presunto homicida, Mari Luz Afasto, e á súa sogra, Amelia Rodríguez.

11 de decembro de 2014 | 10:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.