publicidade hoxe

Papá Noel visita Neda este martes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

Papá Noel visitará mañá martes Neda. Chegará sobre as 16,30 horas ao Paseo Marítimo e, nesta ocasión, decidiu que en lugar de trineo utilizará un kaiak. Estará acompañado polos seus renos, aínda que estes recurrirán a equipos de buceo para poder seguir a viaxe de Papá Noel. A súa visita responde á invitación cursada polo Concello de Neda e a Asociación Medio Ambiental e Sanitaria Los Delfines. De feito, e para facilitar a asistencia, o Concello pon a disposición da veciñanza un servicio de transporte público especial que partirá ás 15,30 horas do Puntal e realizará paradas na Casa da Cultura de Neda, Muchiqueira, Cruz do Pouso, Liñares, Cobeluda, Igrexa de Anca, Porta da Pena- Viladonelle, O Roxal e Mourela de Abaixo. Xa no paseo marítimo atenderá as peticións dos máis pequenos da casa.

22 de decembro de 2014 | 11:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.