publicidade hoxe

Panizzi e Delecour triunfan na Fórmula Rallye 2014 celebrado na Feira Internacional de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaSilleda
A-
A+

formula-rallyeGilles Panizzi e François Delecour triunfaron na Fórmula Rallye 2014, o cal reuniu no recinto Feira Internacional de Galicia a 23 pilotos, entre os que se incluíron destacados nomes desta disciplina automobilística, e a 2.000 afeccionados ao mundo do motor que acudiron a ver o espectáculo.

A Fórmula Rallye comezou sobre as 9.30 horas co “Gran Premio FIG”, unha carreira na que competiron 13 dos pilotos participantes e que repartiu 2.000€ en metálico entre o tres categorías da proba, 2 Rodas Motrices, 4 Rodas Motrices e Fórmulas/Legend Car/CM. A súa clasificación foi, de primeiro a último, a seguinte: Celestino Iglesias Cores, César Gonzalves Pereira, Javier Martínez Carracedo, Álvaro Méndez Castro, Gonzalo Freitas, Óscar Veiga Belo, Daniel Gorín Lema, Alberto Varela Añón, Celso Freire Fernández, Alexis Viéitez Losada, Anxo Abelleira Santos, Vicente Viéitez Novas e Toño Varela Juan.

Finais da Fórmula Rallye

Xa pola tarde, todos os participantes do “Gran Premio FIG” competiron nas finais da Fórmula Rallye contra 10 pilotos de renome tanto a nivel nacional como internacional cun destacado palmarés, como foron Gilles Panizzi, François Delecour, Amador Vidal, Iván Ares, Alberto Otero, Gorka Antxutegi, Joan Vinyes, Jonathan Cabo, Roberto Méndez e Surhayen Pernía.

Na segunda manga oficial destas finais realizouse unha clasificación por tempos na que Surhayen Pernía, Jonathan Cabo e César Gonzalves conformaron o podio. Así, Pernía foi o primeiro, cun tempo espectacular de 1minuto e 7 segundos, Cabo o segundo, con 1.08 e Gonzalves o terceiro, con 1.10.

Amador Vidal, Iván Ares, Joan Vinyes e Surhayen Pernía destacaron nunha Fórmula Rallye na que as exhibicións de Panizzi e Delecour levantaron aos afeccionados e tiveron lugar varios duelos, como o destes dous pilotos internacionais ou o de Vidal e Vinyes.

Esta proba destacou pola súa gran espectacularidade, xa que ademais de contar con numerosos pilotos de gran prestixio, discorreu por un vistoso circuíto con boa parte do seu percorrido no interior do gran pavillón número 1 do recinto e en distintas mangas oficiais correron dous participantes á vez.

14 de decembro de 2014 | 01:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.