publicidade hoxe

Os membros do comité de Alcoa piden unha solución inmediata

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Europa Press

Membros do comité de empresa da planta coruñesa de Alcoa que este mércores acudiron á sesión de control na que se debateu sobre a situación da compañía advertiron de que o “único que teñen sobre a mesa a día de hoxe” é “o despedimento colectivo” e reclamaron unha solución inmediata.

Así trasladouno, en declaracións aos medios nos corredores da Cámara, Miguel Conde, membro do comité de empresa de Alcoa na Coruña, quen incidiu en que os traballadores “seguen coas súas mobilizacións” para lograr que “dunha vez por todas saian as condicións” da nova poxa e que “sexan favorables” para manter os seus postos de traballo.

Igualmente, recordou a Feijóo de que non teñen “un mes”, senón ata “final de mes” porque Alcoa “xa empezou un proceso de despedimento colectivo”.

“Non temos un mes, temos 14 días”, subliñou, mentres outro dos seus compañeiros que tamén estivo no hemiciclo durante a intervención do presidente galego, quen incidiu en que “foi Alcoa a que propuxo a poxa”, acusou o mandatario autonómico de “botar balóns fóra”.

“Tanto Soria como Feijóo din que foi Alcoa a que formulou facer unha poxa. ¿Pero quen ten o poder executivo e o lexislativo?”, preguntou, para concluír que o sistema habilitado supuxo “un absoluto desastre” non só para Alcoa senón para o conxunto da “industria pesada” de Galicia e de toda España.

17 de decembro de 2014 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.