publicidade hoxe

Ofeitoaman chega ao seu 30 aniversario en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVigo
A-
A+

A feira de artesanía máis popular de Galicia celebra a súa trixésima edición a partir do próximo venres 19 de decembro e ata o 5 de xaneiro no exterior do Centro Comercial A Laxe

Foi no Nadal de 1985 cando un grupo de artesáns da cidade organizaron a primeira edición da feira de artesanía Ofeitoaman, que se instalou na Praza de Compostela. Dende entón, a feira veuse celebrando en diferentes ubicacións da cidade, na Praza do Progreso, na Praza da Estación, na Estación Marítima de Trasatlánticos, de novo na Praza de Compostela, e nos últimos anos no exterior do Centro Comercial A Laxe.

Ofeitoaman mantivo durante todos istes anos un contacto directo co público de Vigo, que considera a feira como unha actividade imprescindible do Nadal na cidade.

Este ano participan en Ofeitoaman 19 expositores chegados de toda Galicia, Portugal e Zaragoza, con pezas de ouriveria, bixutería, marroquinería, calzado artesanal, textil, cerámica, vidro, ilustracións…

A maioría dos expositores da feira están acollidos o sistema da Marca Artesanía de Galicia Ofeitoaman está organizada pola Asociación Galega de Artesáns e forma parte das accións de promoción máis importantes da Artesanía de Galicia, conta co apoio da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, a entidade que se encarga da promoción e o desenvolvemento do sector e que depende da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

15 de decembro de 2014 | 14:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.