publicidade hoxe

O xuíz ordena o ingreso en prisión do galego acusado polo homicidio da súa esposa e a súa sogra en Abadiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCualedroSucesos
A-
A+
Europa Press

O xulgado de garda de Durango decretou o ingreso en prisión do home, de orixe galega, acusado do homicidio da súa esposa e a súa sogra, cometido este pasado mércores na localidade biscaíña de Abadiño, segundo informaron a Europa fontes do Departamento vasco de Seguridade.

O suposto homicida, Benito Quintairos, natural de Cualedro (Ourense) permaneceu en dependencias da Ertzaintza dende o pasado mércores, tras declarar ante a Policía vasca, á que recoñeceu ter acabado coa vida de ambas as dúas mulleres.

A primeira hora da tarde foi trasladado a sede xudicial, onde foi sometido ao interrogatorio do xuíz de garda. Finalmente, sobre as 18,00 horas o xuíz decretou o seu ingreso na prisión de Basauri.

12 de decembro de 2014 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.