publicidade hoxe

O mosteiro de Carboeiro homenaxea á figura do Apalpador durante o Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Apalpador exposto en Carboeiro

Apalpador exposto en Carboeiro

O mosteiro de Carboeiro rende homenaxe este Nadal á figura do Apalpador, que forma parte da tradición de zonas de montaña, onde entraba nas casas entre o 24 e o 31 de decembro e deixaba castañas ao nenos e nenas.

Na sala de exposicións do mosteiro recréase a figura deste xigante de barba pelirroxa, e que traballaba como carboeiro. Aproveitando esta coincidencia co topónimo silledense, volve recuperar esta figura típica no Nadal nalgunhas zonas do rural galego.

Así mesmo, ademais da figura do Apalpador, os visitantes que se acheguen nestas datas ao mosteiro románico terán información sobre as orixes desta tradición, que forma parte dun patrimonio ameazado que se aposta por conservar.

O Apalpador ou Pandigueiro, como se lle chamaban nalgunhas partes do oriente ourensán baixaba, segundo a tradición no solsticio de inverno dende as devesas nas que vivía facendo carbón para as aldeas, coa intención de apalpar as barrigas dos cativos para comprobar se estaban ben mantidos. Como testimuña da súa visita sempre lles deixaba unha presa de castañas. A figura do Apalpador mantíñase ata hai pouco en zonas da alta comarca da montaña de Galicia, no Caurel, no Val de Lóuzara, no Cebreiro e este da provincia de Ourense. Como carboeiro que era, e en memoria dos carboeiros desta zona do mosteiro, o Concello de Silleda réndelle homenaxe nestas datas especiais.

Tamén está colocada xa no templo do mosteiro á arbore na que os visitantes poden deixar as súas mensaxes sobre concienciación ambiental.

12 de decembro de 2014 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.