publicidade hoxe

O Mercado de produtos da Reserva da Biosfera celebra en Allariz o Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllariz
A-
A+

Os produtores que participan no Mercado da Reserva da Biosfera organizan, o sábado 6 de decembro, un obradoiro de Estrelas de Nadal, que confeccionarán, a partir das 11:00h, con material da natureza.

Mercado de produtos da Reserva da Biosfera

O Mercado da Reserva da Biosfera ten lugar todos os sábados na Praza de Abastos de Allariz, entre as 10:00h e as 14:00h, engloba productos ecolóxicos producidos nos catro concellos integrantes, Allariz, A Bola, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos.

Enmarcado no programa gastronómico Allariz Sabe, o mercado acolle a unha quincena de produtores cunha gran variedade de produto ecolóxico: hortalizas e froitas, marmeladas, mel e leite ecolóxicas, cogomelos, embutido e queixo do Rexo, cervexa e pan artesán e castañas.

4 de decembro de 2014 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.