publicidade hoxe

O Gordo e o Calvo do Lúar presentan “Feliciano” en Carral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCarral
A-
A+

O espectáculo Feliciano, da compañía de teatro cómico Os Sete Magníficos máis Un, preséntase no marco do programa Nadal en Rede 2014, que forma parte da programación anual de actividades da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Esta actividade levarase a cabo nun total de 18 localidades da Rede da Dinamización Lingüística (RDL). En Carral a actuación terá lugar o venres 12 de decembro, ás 21:00 h, organizada polo Servizo municipal de Normalización Lingüística e a Concellería de Cultura. Trátase dunha peza cómica centrada nas festas do Nadal, unha proposta dirixida a todos os públicos, nomeadamente ao adulto.

Fran Rei e Pedro Brandariz son os populares O Gordo e o Calvo do programa Lúar, que presenta Xosé Ramón Gayoso na TVG.

A entrada ao espectáculo é de balde, e prégase puntualidade para non entorpecer a función.

11 de decembro de 2014 | 11:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.