publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O EDC Verín Atletismo participa na Carreira Solidaria de Nadal en A Rúa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA RúaDeportesVerín
A-
A+

Os integrantes do EDC Verín Atletismo participaron este pasado fin de semana na Carreira Solidaria de Nadal en A Rúa, co obxecto de preparar o Campionato Galego Federado de Cross, o Campionato Provincial de Cross Escolar e o Galego de Pista Cuberta, que terán lugar durante os meses de xaneiro e febreiro.

Na xornada do domingo medíronse na Carreira Solidaria de Nadal de A Rúa con deportistas de importantes clubs de atletismo como o ADAS de O Barco, onde acadaron imporse en cinco categorías: benxamín feminino, alevín masculino, alevín feminino, infantil feminino e cadete masculino. Todos os/as rapaces/zas do club, ademais de acadar medallas, colaboraron coa causa solidaria entregando un quilogramo de alimentos non perecedoiros.

23 de decembro de 2014 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.