publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O condutor dunha furgoneta está ferido grave nunha saída de vía en Xinzo de Limia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaSucesosXinzo de Limia
A-
A+
Europa Press

Un varón duns 61 anos de idade resultou ferido de carácter grave nun accidente rexistrado ao sairse da vía a furgoneta que conducía ao seu paso polo municipio de Xinzo de Limia (Ourense).

Segundo informou a Garda Civil de Tráfico, o sinistro tivo lugar sobre as 10,55 horas deste mércores no quilómetro 4,8 da estrada que une Xinzo e Vilar de Barrio cando a furgoneta se saíu da vía pola marxe esquerda.

Ao lugar, o 061 desprazou unha ambulancia asistencial e un médico de Atención Primaria que atenderon no lugar ao ferido, un veciño de Vilar de Barrio de 61 anos, que foi levado en ambulancia medicalizada ao Hospital Cristal, segundo indicaron fontes sanitarias.

10 de decembro de 2014 | 13:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.