publicidade hoxe

O concurso de tapas de Muimenta mantén o nivel na edición de inverno

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+

A Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da parroquia, organizou a X edición do Concurso de Tapas de Muimenta entre os pasados 4 e o 7 de decembro, en horario de 7 da tarde ata ás 11 da noite.

O resultado do público, unha vez efectuado o reconto, na noite do pasado 10 de decembro, foi o seguinte:

Cruña – 9,15 puntos de media
Anllo – 8,38
Alvariño – 8,06
Abuelo – 7,40
Burbujas – 7,29
Latino – 6,89
Cabuxo – 6,82

Como nas últimas edicións, a composición do xurado profesional está integrado polos votos emitidos polos propios locais de hostelería participantes que facían media cos emitidos pola Xunta Directiva, sendo os resultados:

Anllo – 8,08 puntos de media
Cruña – 8,08
Alvariño – 7,17
Abuelo – 6,08
Cabuxo – 5,67
Burbujas – 5,42
Latino – 5,08

Unha das bases do concurso é que a tapa gañadora non pode coincidir no mesmo local, e no caso de que esto ocurra, resultará gañadora na categoría na que ten maior puntuación media, nesta edición, prodúxose un empate entre a Taberna do CRUÑA e o Restaurante ANLLO na categoría de mellor tapa do xurado profesional, levándose o premio o Anllo, xa que o Cruña obtivo o premio á mellor tapa do público.

O local que deu máis tapas despachou ao longo desta edición do concurso foi o CRUÑA, con 572 tapas, sendo o local que tamén obtivo máis dez (puntuación máxima) con 296 papeletas, en ambos casos seguido do Restaurante Anllo.

O público participante co seu voto, optaba a tres vales de cen euros cada un deles, a gastar nos negocios dos socios da Asociación de Empresarios de Muimenta, nun máximo de trinta días dende a súa entrega. Os gañadores son:

Irene Piñeiro Díaz, de Muimenta
Rocío Darriba Folgueira, de Muimenta
Paula Pardo Fernández, de Vilapene

Mentras que a gañador do vale dos trescentos euros, (tamén a gastar nos negocios socios da Asociación de Empresarios de Muimenta), premio á ruta dos sete bares, foi para Claudina Rus Rodríguez, de Muimenta, o seu rosco estaba cuberto por todos os bares, non utilizando o comodín.

Os 600,00 € (seiscentos euros), en premios e os diplomas aos locais gañadores e participantes, entregáranse o vindeiro luns 15 de decembro, a partir das nove da noite, no local da Asociación de Empresarios de Muimenta.

As tapas despachadas ao londo desta edición, foron 3.141 tapas, a segunda mellor marca na edición de inverno (superaron todas as cifras das edicións que se celebra en decembro, a excepción da do ano pasado, anque nesa edición participara un local máis).

O número de roscos (as rutas dos nove bares participantes), alcanzaron os 293. Lembramos que participou un bar menos que na edición de decembro do 2.013, e que as medias de tapas despachadas diaria en cada local e semallante a de fai un ano.

Tanto os locais como a Xunta Directiva están moi contentos cos resultados, xa que, foi uns días nos que o tempo non acompañou moito, e de todas maneiras, viuse o pobo cheo de xente durante a celebración desta nova edición.

O ranking dos gañadores das dez edicións celebradas ata o de agora, queda da seguinte maneira, producíndose un triple empate entre Alvariño, Anllo e O Cabuxo:

Bar Alvariño – 4 veces (3 no público e 1 no xurado profesional)
Restaurante Anllo – 4 veces (1 público e 3 xurado profesional)
Asador O Cabuxo – 4 veces (sempre no xurado profesional)
Taberna do Cruña – 3 veces (sempre no público)
Café Bar Tino – 3 veces (2 no público e 1 no xurado profesional)
Abuelo – 1 vez no público
Latino – 1 vez no xurado profesional

2.014, en agosto, foron 5.869 tapas as despachadas e 377 roscos, nun total de 5 días, nos que se celebrou a novena edición.

2.013, en decembro – un total de 3.829 tapas en catro días que durou o concurso, con un total de 345 tapas.

2.013, en agosto – un total de 5.608 tapas en seis días que durou o concurso e un total de 391 rutas compretas.

2.012, en decembro – 2.890 tapas nos catro días que durou o concurso e un total de 211 rutas compretas.

2.012, en agosto – 4.473 tapas entre os sete días que durou o concurso e 357 roscos.

2.011 – 4.011 tapas entre os sete días que durou o concurso e 357 roscos

2.010 – 3.494 tapas, nos cinco días que durara o concurso, sendo 242 os roscos.

2.009, en decembro, foran 2.626, en seis días de duración e 118 roscos

2.009, en agosto, foran 2.031 tapas e 132 roscos – aumentando edición tras edición os números de participantes, consolidándose un dos primeiros concursos de tapas que se celebrou na comarca.

Participaron nesta edición:

–  Abuelo

–  Anllo

–  Alvariño

–  Burbujas

–  Cabuxo

–  Cruña

–  Latino

11 de decembro de 2014 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.