publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Sober finaliza as obras de humanización de tres prazas en Rivas, Millán e Vilela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober vén de rematar as obras de humanización en tres prazas doutros tantos espazos públicos da zona rural. En concreto, actuouse na praza de O Rivas, na de Casares-Millán e na de Vilela. En todas elas se mellorou o pavimento e se engadiu mobiliario urbano.

O investimento total foi de 50.000 euros, dos cales o Concello de Sober achegou o 40% e a porcentaxe restante correspondeu a AGADER a través do Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, destaca que o Goberno que preside “sigue a apostar polo rural” con actuacións importantes como a creación destas tres novas áreas de lecer das que poderán disfrutar todos os veciños e veciñas. Avanza ademais que o Executivo local proxecta xa novas actuacións similares nas parroquias para o ano 2015.

As tres obras foron feitas por empresas locais, tal e como ten comprometido o Goberno local, sempre e cando o permita a lei.

23 de decembro de 2014 | 11:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.