publicidade hoxe

O Concello de Neda inicia obras de asfaltado, mellora da seguridade vial e limpeza de cunetas en todo o municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, informou de que esta mesma semana arrancaba un paquete de actuacións en toda a rede viaria do municipio que, a grandes rasgos, consistirán en obras de asfaltado, seguridade vial e limpeza de cunetas. Intervencións nas que se investirán 101.020,50 euros e que comezaban cos traballos de pavimentación da rúa Valle Inclán –no entorno da Casa das Palmeiras-. Alí, nos pasados días procedeuse ao fresado e rebacheo dun tramo duns 325 metros. Ignacio Cabezón explicou que o obxectivo desta, e das restantes actuacións, é mellorar o estado de rúas, pistas e camiños, dando resposta ás necesidades detectadas e ás demandas trasladadas polos propios vecinos.

Por iso, en todos os casos, engadiu que as vías nas que xa se está a actuar contemplan un importante tráfico rodado e dan servizo a núcleos agrícolas e gandeiros, así como a núcleos de poboación. Así mesmo, o seu estado obriga ao Concello a un mantenemento continuo. Cos traballos proxectados búscase dotar ás pistas e camiños dunha cobertura asfáltica e sellado que evite o seu progresivo deterioro pola infiltración de auga.

Máis ao detalle, o Concello actuará en 329 metros do camiño da Roseira –parroquia de San Nicolás-, onde procederá á pavimentación do vial por rego asfáltico; en 175 metros da rúa Victorino Novo (arteria de comunicación entre a Avenida de Xuvia e Casadelos), con pavimentación por mezcla bituminosa en quente e previo fresado parcial; as mesmas obras levará a cabo en 195 metros do Camiño Vello (na zona da Volta do Pouso); en 105 metros no camiño do Cal (na Cruz do Pouso) procederá á pavimentación con zahorra natural compactada; en 55 metros do camiño en Escorial (tamén en Cruz do Pouso) executará un rebacheo e doble tratamento superficial, así como a prolongación da cuneta cuberta; no mesmo lugar, pero na zona da Gandarela (xa en Maciñeira), aplicará un rego de sellado en 50 metros; en Albarón (no entorno do centro de saúde) e Vilar (en Casadelos) instalará unha bionda de protección ao longo de 20 metros (en cada un dos casos), e, finalmente, realizará a limpeza de cunetas en ambos marxes do viario público en diversos emprazamentos do termo municipal, ata completar 17.800 metros lineais. No seu conxunto, o Concello de Neda investirá 101.020,50 euros nas obras, que recibirá do programa DTC da Deputación provincial da Coruña á mellora da rede viaria municipal.

13 de decembro de 2014 | 12:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.