publicidade hoxe

O Concello de Neda acenderá a iluminación navideña este sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda anunciou esta mañá que, a partires do sábado, 6 de decembro, e ata o 7 de xaneiro, as rúas, espazos públicos e edificios municipais lucirán coas cores da iluminación de Nadal. Nesta liña, incorpóranse novos motivos e tamén tecnoloxía LED co ánimo de abaratar a factura eléctrica.

Así mesmo, o Concello decidiu conxelar o gasto neste concepto nos 4.000 euros destinados no 2012 (cifra que supuxo un aforro considerable respecto ao 2011, cando se gastaron 8.200 euros). O obxetivo non é outro que rebaixar custes sen renunciar a crear o necesario ambiente navideño para estimular a actividade comercial.

Precisamente, e nesta liña, a concelleira de Promoción Turística, Montse Rico, explicou que o Concello, consciente das estreiteces económicas que está a soportar o gremio, decidiu hai un par de anos evitar recurrir ao sector do comercio para costear a iluminación. E, mantendo esa filosofía, a edil quere este ano solicitar outro tipo de colaboración pola súa parte e animounos a decorar as fachadas e escaparates dos seus negocios con motivos navideños, contribuíndo a fomentar o ambiente da época.

4 de decembro de 2014 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.