publicidade hoxe

O Concello de Arzúa sorteará varios premios no Día do Comercio Local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

O Concello de Arzúa informa que que ao realizar mercas nos establecementos de Arzúa acollidos á Campaña do “DÍA DO COMERCIO LOCAL”, o vindeiro 8 de decembro, o público formará parte de diversos sorteos a través de cupóns. Estes cupóns deberán ser cubertos polo cliente, selados polos establecementos e depositados nunha urna establecida para o efecto polo Concello na Praza de Galiza durante esta xornada. Os boletos poden conseguirse tanto na praza como nos locais participantes e o sorteo celebrarase de acordo coas seguintes bases:

1ª: A campaña desenvolverase o día 8 de decembro de 2014 entre as 11:00 e as 20:00 horas.

2ª: Nesta Campaña participan os establecementos comerciais e hostaleiros adheridos ao Día do Comercio Local.

3ª: Esta Campaña promocional para incentivar o consumo, consiste no sorteo de:

3 vales de merca por valor de 50 € cada un 1 xantar ou cea para dúas persoas (valorado/a en 50 euros) 1 fin de semana de turismo rural para dúas persoas (valorada en 200 euros)

4ª: Poderá participar calquera persoa maior de idade. Cada cupón terá catro recadros, dous para selar en establecementos comerciais e dous en hostaleiros. Así como un espazo para indicar o nome e apelidos, D.N.I. e teléfono do participante.

Cada participante poderá cubrir tantos cupóns como desexe durante o período establecido na base primeira sen repetir ningún establecemento e deberán entregalos todos xuntos na urna.

5ª: As mercas válidas para esta promoción só se poderán realizar nos establecementos participantes no Día do Comercio Local 2014.

6ª: O sorteo celebrarase o día 8 de decembro de 2014 ás 20:00 horas na Praza de Galiza. Un representante do Departamento de Cultura, nun acto público, sacará da urna o número de cupóns igual ao número de premios detallados na base terceira por orde de citación dos mesmos. Os premios entregaranse nese mesmo acto se os/as

premiados/as se atopan entre os presentes. En caso contrario, deberán

ser recollidos no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa ata quince días despois do sorteo, en ambos os dous casos presentando o D.N.I. O número máximo de agasallos por persoa será de un.

7ª: Os/as gañadores/as dos premios poderán facer uso dos mesmos durante os dous meses posteriores ao día do sorteo.

8ª:A participación no concurso supón a aceptación destas bases.

1 de decembro de 2014 | 12:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.