publicidade hoxe

O C.R.D.O. Ribeiro colabora con Cáritas Ourense apoiando ás familias máis necesitadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadavia
A-
A+

O C.R.D.O. Ribeiro colaborou unha vez máis coa organización Cáritas Ourense, doando 700 botellas de viño ao proxecto do comedor social da cidade, que axuda a máis de 70 persoas ao día durante os 365 días do ano. Trátase dun apoio á atención de familias de Ourense que se reabriu fai pouco máis dun ano.

Esta colaboración vénse facendo dende a súa reapertura, pero nestas datas sinaladas para todos, o C.R.D.O. Ribeiro quere achegar o seu granito de area a esta causa, que día a día levan a cabo do mellor xeito posible dende Cáritas Diocesana de Ourense. Así mesmo, dende esta organización sinalan que agradecen todas as compañías e empresas, neste caso á D.O. Ribeiro, a colaboración desinteresada na achega de produto, feito que mostra a solidariedade nestes momentos tan difíciles para algunhas familias”

Viño branco e tinto

As botellas, tanto de viño branco e tinto, que se entregaron para esta boa causa resultan das mostras testemuña dos controis de calidade realizados periodicamente polo departamento técnico do C.R.D.O. Ribeiro para outorgar as precintas certificadoras aos viños das 110 adegas inscritas á Denominación de Orixe que non foron necesario utilizar para o seu control. Son unhas botellas que non se poden comercializar debido ao seu carácter de “mostras para control”, polo que se considera que o seu actual destino é un dos mellores para o devandito produto.

23 de decembro de 2014 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.