publicidade hoxe

O alcalde de Neda anuncia a convocatoria do I Premio da Concordia e a Solidariedade Adolfo Suárez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, anunciou esta mañá a convocatoria do I Premio da Concordia e a Solidariedade “Adolfo Suárez”. Organizado polo Concello nedense, o rexidor sinala que, con carácter nacional e anual, busca recoñecer á persoa, institución, grupo de persoas ou de institucións que se teñan distinguido pola súa adicación, de forma altruísta e positiva, á promoción e apoio aos demáis e cuxa labor contribúa de forma significativa á defensa dos dereitos humanos, ao fomento da paz, da liberdade, da solidariedade e, en xeral, ao progreso da humanidade.

Tal e como se comprometera o alcalde, o certame leva por nome Adolfo Suárez, ex presidente do Goberno, co ánimo non só de rendir tributo a unha figura clave da Democracia en España senón tamén contribuír a perpetuar na memoria colectiva o seu legado e valores. A liberdade, a responsabilidade, o mérito e o esforzo persoal, a solidariedade, a tolerancia, a igualdade, o respeto e a xustiza, valores todos eles que constitúen a base da vida en común.

As bases, aprobadas esta mañá en Xunta de Goberno Local, poden consultarse no Taboleiro de Anuncios e na web municipal (www.neda.es) e as candidaturas xa poden presentarse ata o 30 de xaneiro de 2015. Ben por correo electrónico ao enderezo: alcaldía@neda.es ou enviarse por correo certificado ou entregarse presencialmente no enderezo: Concello de Neda. Avenida de Alxeciras, 34, Neda.

O galardonado recibirá unha escultura realizada ex profeso para este certame, un premio en metálico de 1.000 euros, diploma e unha insignia do Concello de Neda.

Así mesmo, a entrega do premio realizaráse coincidindo co aniversario do falecemento do ex presidente do Goberno, Adolfo Suárez, o 23 de marzo. Nesta primeira edición, trátase do primeiro aniversario. O acto, de carácter público e aberto á cidadanía, celebraráse na Casa das Palmeiras da real villa.

30 de decembro de 2014 | 13:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.