publicidade hoxe

O Acanor Novás pide aos seus siareiros apoio para un encontro clave

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Rosal
A-
A+

Unha final en decembro. Así se pode denominar o compromiso deste sábado. A irregularidade amosada nesta primeira volta en dous conxuntos chamados a ocupar os primeiros postos, fae que a cita do sábado (19 h), se convirta nun clavo ao que agarrarse. Non quedarían sen opcións, pero se xa vencendo o sábado é complicado acadar os postos de privilexio, unha derrota sería dicir practicamente adeus as opcións.

E é que o Novás chega na sexta praza (17 puntos), e o Embutidos Lalinense un posto máis abaixo, con 16. A 7 e 8 puntos dos lideres, Cisne e Seis do Nadal, que precisamente se enfrontan este fin de semán. Conscientes do que hai en xogo, a directiva do Acanor puxo en marcha a organización de un autobús, que sairá da praza do Calvario as 15:30 e regresará ao remate do encontro. Para Andrés Senra, directivo do clube, ‘a afección responderá. Sempre está ahí cuando fae falla. Ademáis a presenza está asegurada, xa que as 16:30 os equipos alevín e infantil xogan nese pavillón, e quedarán a apoiar o primeiro equipo.

Será necesario, xa que por tradición é unha pista que non se nos da nada ben’. Sobre o papel ningún favorito claro, ainda que o Novás pasa polo mellor momento da tempada, con cinco victorias consecutivas, a sua mellor racha. Para anotarse a viaxe, podese facer nas redes sociais do clube ou no 660928686.

A data limite e o mercores as 20:30 h. Sólo se levará a cabo se se consigue un minimo de 30 persoas.

16 de decembro de 2014 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.