publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O 7.617 agraciado co primeiro cuarto premio cae en oito localidades galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Illa de ArousaA LamaCarballoGaliciaLocal PortadaLugoNoiaOurensePontevedraTomiño
A-
A+
Europa Press

O número 7.617 resultou agraciado co primeiro dos dous cuartos premios do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, dotado con 200.000 euros á serie.

O número foi cantado ás 10.30 horas no terceiro arame da cuarta táboa e foi vendido parcialmente en oito localidades galegas. En concreto, este premio caeu en Ourense, Carballo, Escairón (Lugo), A Lama (Pontevedra), Noia, Illa de Arousa, Tomiño e Pontevedra.

O Sorteo Extraordinario de Nadal reparte este luns 22 de decembro 2.240 millóns de euros en premios, cifra similar á do ano anterior, e os agraciados co ‘Gordo’ recibirán 400.000 euros ao décimo, con 640 millóns de euros a repartir con este premio principal.

Por primeira vez, Lotarías e Apostas do Estado (LAE) permitirá cobrar no mesmo día os premios do Sorteo de Nadal, a partir das 18.00 horas do luns 22 de decembro. Segundo a presidenta de LAE, Inmaculada García esta decisión (ata agora empezábanse a repartir ao día seguinte) débese á chegada das novas tecnoloxías.

22 de decembro de 2014 | 10:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.