publicidade hoxe

Nace Club +60 Cabanas, Encontro de Maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

Ofrecer un espazo que sirva de encontro para os maiores de Cabanas e ó mesmo tempo facilitar unha serie de actividades que sirvan para traballar aspectos cognitivos, así como fomentar a participación veciñal e previr o illamento social destas persoas nos lugares máis rurais do municipio. Este é o obxectivo co que nace o Club +60 Cabanas, Encontro de Maiores que mañá xoves terá a súa primeira sesión. Entre as 17:00 e 18:00 horas no local social da S.C.R.D. San Mamede de Laraxe levarase a cabo unha sesión de presentación na que se explicará ós asistentes os obxectivos para o curso e se coñecerá de primeira man as súas necesidades e intereses. Trátase esta dunha actividade que terá unha periodicidade semanal e que vaise desenrolar ata o vindeiro mes de maio, todos os xoves a mesma hora e no mesmo lugar desta sesión inaugural. Inda que esta actividade xa dará comezo este xoves, os que estean interesados en participar poden poñerse en contacto cos Servizos Sociais do Concello de Cabanas.

Esta actividade do Club +60 Cabanas, Encontro de Maiores está enmarcada dentro do Programa de Voluntariado Social do municipio. Trátase este dun programa a través do que se pretende fomentar e colaborar entre as distintas persoas interesadas en tomar parte del nunha variedade de actividades que sempre teñen como último obxectivo a mellora das condicións sociais de Cabanas.

3 de decembro de 2014 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.